Asociación Cultural Acampa en Ons


PRESENTACIÓN


O COLECTIVO ACAMPA EN ONS xurde na Illa de Ons ó coñecer un grupo de campistas das intencións por parte da dirección do P. N. M. T. das Illas Atlánticas de Galiza de eliminar e/ou privatizar á zona de campada pública e gratuíta de Chan da pólvora.

É un colectivo apolítico e sen ánimo de lucro aberto a todos os amantes de este paraíso natural.

O dia 10 de novembro, se celebrou a asamblea fundacional da
"ASOCIACION CULTURAL ACAMPA EN ONS"

Para desta maneira ter personalidade xurídica y poder presentarse coma partes interesadas en todolo concerniente a modificación da regulación no Parque Nacional

Pretendemos defender a zona de acampada, reivindicar a cultura popular na illa e o mantemento ecolóxico. Velaí os principais fins da Asociación, tal e como se recollen nos seus Estatutos:

  1. Reclamar un servizo de acampada na illa de Ons, público e sen ánimo de lucro, xestionado pola Administración e regulado adecuadamente, dotado de medios e persoal para o seu coidado e mantemento.

  2. Traballar pola conservación dos procesos ecolóxicos e dos valores socioculturais e etnográficos da illa de Ons, así como polo respecto da idiosincrasia illán

  3. Apoiar outras iniciativas en todas as cuestións relativas á conservación da natureza e cultura da Illa.

  4. Promover a creatividade e cultura popular, nas súas diferentes expresións: musical, artesanal, lúdica...

Non é xusto que considérese que :

"O que non xera un beneficio
economico non é rendible"

Hai que considerar outro tipo de aspectos como o proporcionar benestar ós cidadáns.

Sabemos que a acampada xera "problemas" de infraestrutura, persoal, etc. Pero consideramos que a solución non é pechala ou privatizala e que pape eses "problemas" a empresa concesionaria a cambio de diñeiro. Cun pouco de vontade e un mínimo gasto, comparado con outros do parque, cremos que se pode conseguir que as cousas queden como ata agora, ou o que sería ideal, un pouco melloradas.

Se queres converterte en membro da asociación,somentes ter que encher o seguinte formulario electrónico:

FORMULARIO.PDF

Estamos a facer unha recollida de firmas para presentar ó organismo pertinente e intentar paralizar o peche e/ou privatización da zona de acampada. Podes baixar o formulario na zona de descargas.

Nas enquisas efectuadas en anos pasados por Parques Nacionais, constatouse que o maior atractivo da illa non eran nin as paisaxes nin a gastronomía senón o ambiente que se respiraba. Parafraseando a unha moza alemana diriamos:


"AS CÍES HAI QUE VELAS POLO BONITAS QUE SON,
PERO A ONS SEMPRE SE VOLTA".

Hai que reivindicar a idiosincrasia da illa como un valor mais. A artesanía, música e cultura popular son tan importantes como os outros aspectos da illa, e sen a acampada gratuíta se perderan.

Zona de acampada Queremos dende eiqui "agradecer" a todas aquelas persoas (por chamarlle de algún xeito) que esquecen que estamos nun lugar de especial protección á natureza e que coas súas actuacións levan os dirixintes do parque a tomar estas iniciativas de eliminación da acampada. Non queremos pecar de moralistas (quen este libre de culpa que tira a primeira pedra) pero consideramos que ese grupo de persoas que ven a illa exclusivamente coma un lugar para irse de festa, que para iso hai outros sitios. É por iso que os que nos consideramos "habituais" preferimos os días laborables para disfrutar da illa fora da "invasión" que se da algúns fines de semana. Tamén dicir que este tipo de situacións e facilmente superable, se o persoal que traballa na illa (vixiantes de recursos naturais facendo as labouras de recollida de lixo, etc.) puidera facer o seu traballo, e controlar que estes individuos non "tomen" as praias e a zona de acampada e deixen todo tirado por ai. A nos a verdade non nos gusta acampar ao lado dunha tenda-vertedeiro.